Mércores, 23 Outubro de 2019

O CONCELLO DE MUGARDOS DOTA DUN TATAMI NOVO Á ESCOLA DE KÁRATE DE FRANZA

/ Mércores, 28/08/2013 - 11:14
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A Escola de Kárate de Franza conta con novo tatami dende o pasado día 28 de agosto.

 
209
O pasado martes 28 de agosto unha comitiva municipal encabezada polo Alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia e o Presidente da comisión de Cultura e Deportes, Manuel González Arias, achegaronse ata o edificio Francisco Vizoso de Franza para asistir ao primeiro adestramento da Escola de Kárate de Franza no novo tatami que lle instalou o Concello.
 
O novo equipamento trátase dun tatami de 55 metros cadrados e 2,5 cm de grosor semellante ás superficies de competición deste deporte. Este novo chan ven a substituír ás colchonetas que durante anos foron o equipamento da Escola de Kárate de Franza.
 
Este club naceu como unha actividade promovida pola ANPA do colexio Santiago Apostol de Franza e que posteriormente se constituíu como club ao acadar niveis competitivos de nivel superior. 
 
211