Xoves, 17 Outubro de 2019

O CONCELLO DE MUGARDOS COLABORA NA ORGANIZACIÓN DA XXXII MARATHON POPULAR DE SANXOÁN DE PIÑEIRO

/ Xoves, 05/09/2013 - 09:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

O Concello de Mugardos apoia un ano máis  a XXXII edición desta carreira pedestre.

A colaboración municipal é principalmente en infraestrutura e loxística coa limpeza das estradas e dos equipamentos, a dotación de colectores extra para o lixo así como o apoio do persoal de Protección civil e policía local, aínda que tamén se colabora economicamente con 500 euros para a merca de trofeos.

Para o Concello de Mugardos é unha satisfacción poder manter a colaboración  un ano máis, contando este ano co apoio adicional da Deputación Provincial ao incluír esta carreira no circuíto provincial que se estrea este ano 2013.