Sábado, 19 Outubro de 2019

I TRAIL 22k MUGARDOS-MONTEFARO

/ Venres, 06/09/2013 - 09:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Este domingo ás 9 da mañá terá lugar o primeiro Trail (carreira de montaña) de 22 quilómetros que organiza a sección de BTT do Club do Mar de Mugardos.

Nun paso máis cara a promoción do deporte o Club do Mar organiza esta carreira a polos camiños e sendeiros do monte de Montefaro.

A proba terá lugar entre os Concellos de Ares e Mugardos e dará comezo o domingo día 8 de setembroás 9:00 da mañá dende o Pavillón do Cristo de Mugardos.

A distancia total será de 22 quilómetros, cun desnivel acumulado de 900 metros aprox. (D+800/D‐800), tendo a meta no mesmo punto diante do Pavillón Polideportivo do Cristo en Mugardos.

Ao remate haberá un xantar de convivencia entre a xente participante e a organización.

O Concello de Mugardos colabora coa organización do evento mediante medios materiais e as instalacións municipais ademais do persoal de Protección Civil e Policía Local.

231