Mércores, 23 Outubro de 2019

O CONCELLO DE MUGARDOS COLABORA NA I CARREIRA DE MONTAÑA MUGARDOS-MONTEFARO ORGANIZADA POLO CLUB DO MAR

/ Venres, 06/09/2013 - 08:50
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A colaboración municipal para a proba que se celebrara o 8 de setembro se concreta en:

  • Limpeza dos espazos polos que transcorre a carreira.
  • A cesión da utilización do Pavillón Municipal do Cristo e a exención das taxas correspondentes pola súa utilización en función do artigo 4 da ordenanza fiscal vixente.
  • Apoio do persoal de Protección Civil e Policia Local.
  • Colaboración no alugueiro e colocación de mesas e cadeiras para 300 persoas como apoio ó evento.

Para o Concello é unha satisfación colaborar co Club do Mar na organización desta I Carreira de Montaña Mugardos-Montefaro e esperamos que poida ter continuidade en anos vindeiros.