Venres, 18 Outubro de 2019

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS 2013/14

/ Venres, 13/09/2013 - 14:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Do 16 de setembro ata o 10 de outubro permanecerá aberto o prazo de solicitude de inscrición para participar nas escolas deportivas e culturais que organiza o Concello de Mugardos.

A información da oferta das escolas deportivas e culturais, así como as inscricións se realizarán no departamento de Cultura é Deporte - Oficina de Información Xuvenil, en horario de 9:00h. a 14:00h.


A oferta de escolas deportivas e culturais abarca dende os 3 anos ata os/as maiores de 55 anos.

Este ano presenta como novidades destacadas a colaboración co Club do Mar de Mugardos para a impartición da Escola de Remo ou a creación da Escola Cultural de Teatro a partires dos 6 anos.

O Concello quere destacar que os prezos das escolas deportivas e culturais son os mesmos que os anos anteriores. Ademais, hai que salientar que se manteñen as bonificacións do 50% sobre a matricula e a mensualidade por participar en 3 ou máis escolas por unidade familiar ou  por familia numerosa, así como a bonificación do 100% da matricula e da mensualidade para casos particulares segundo criterios de renda económica.

O obxectivo destas bonificacións e exencións é conquerir unha integración plena das/os veciños/as de Mugardos participando das actividades do conxunto da colectividade sin que a súa situación económica sexa un impedimento, sobre todo no caso dos menores e dos maiores que viven sos.
 

Podedes descargar o Programa de actividades das Escolas Municipais e o Cuestionario de Saúde para entregar: