Domingo, 22 Setembro de 2019

IX Carreira Popular de Fin de Ano

/ Venres, 29/11/2013 - 10:41
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

IX Carreira de fin de ano 2013 Mugardos-Ares-Mugardos

Chega de novoa a IX Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos - Ares - Mugardos. Esta proba popular celebrarase o vindeiro 29 de decembro con saída e chegada no noso Concello.

 

NORMATIVA DA PROBA:

 

  • DATA: 29  DE DECEMBRO DE 2013.
  • HORARIO: Saída ás 11 da mañá da Casa do Concello de Mugardos.
  • LUGAR: Pavillón polideportivo do Cristo Concello de Mugardos.
  • DISTANCIA A PERCORRER:  10 km.(non homologados)
  • IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
  • CLASIFICACIÓN: clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada por xuíces da Delegación ferrolá  da FGA.

Retiradada de dorsais no mesmo Pavillón polideportivo do Cristo de 9:00 a 10:45 o día da proba. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.

  • PERCORRIDO: Mugardos-Ares-Mugardos.
     

Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Avenida de Galicia diante do Concello de Mugardos.

Dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, rúa María, avd. de Galicia, As Mareas, Rúa do Cristo e logo tomar a Rúa dos Corzás dirección Ares (Ac130),  entrase na vila de Ares pola Avd. de Mugardos ate o Paseo marítimo onde se xira á esquerda. Neste punto haberá un avituallamento  líquido.

Séguese o paseo marítimo ate que se chega á Avd. Saavedra Meneses que se percorre ate o cruce do Mazote onde se xira á esquerda cara esta rúa.

Ao rematar a Rúa do Mazote acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección Mugardos pola Ac 130 ate o Cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos.

  • Tempo máximo de control da chegada: 55’ logo da saída.
  • Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta.
  • Por cuestións alleas á organización como obras públicas ou privadas poderá haber pequenas variacións no circuíto descrito.
  • Durante toda a carreira o tráfico estará restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil debendo os participantes atender as súas indicacións.
  • O tempo estimado da proba é de entre 30 min e 55 min.
  • Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única.
  • Todas as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
  • As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas de estas características.