Venres, 15 Novembro de 2019

Cita co rap, o breakdance e o graffiti no Concello de Mugardos

/ Xoves, 05/12/2013 - 14:01
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

A Compañía NEGAEM ofrecerá á mocidade mugardesa, o vindeiro día 14 de decembro, o seu espectáculo de Breakdance interactivo con música.

Este acontecemento terá lugar no Espazo Xuvenil da Casa da Cultura do Concello de Mugardos. O evento comezará ás 18:00 horas e inclúe:

  • Exhibición de Breakdance
  • Concerto de RAP
  • Demostración de pintura graffiti

 

Quedades convidad@s!