Domingo, 22 Setembro de 2019

VII Certame de Poesía “Concello de Mugardos” 21 de marzo – Día da Poesía

/ Xoves, 05/12/2013 - 14:25
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a sétima edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co gallo do Día da Poesía, o 21 de marzo.

Estas son as bases que rixen este certame poético:


BASES

PRIMEIRA:

Establécense tres categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:

  • ata 12 anos
  • de 13 a 17 anos
  • iguais ou maiores de 18 anos.

Cada concursante poderá presentar unha única poesía, que se axustará ás seguintes normas:

  • TEMA: Libre.
  • LINGUA: Galego
  • FORMA E EXTENSIÓN: DIN A4 por unha cara (extensión máxima), mecanografada a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezada polo título.

As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.

 

SEGUNDA:

Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoria na que concursa e o nome do certame.

Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.

 

TERCEIRA:

O prazo de entrega das poesías será do 8 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Mugardos ou enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo:

VII CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS

Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos

Avda. de Galicia, núm. 45.

15620 Mugardos (A Coruña),

Segundo establece a Lei de Réxime Xurídico do Procedemento Administrativo Común no Art. 38.4.

 

CUARTA:

Unha vez reunidos os membros do xurado para facer a oportuna valoración, resultará gañadora aquela poesía que, a criterio do xurado, sexa merecedora do primeiro premio, podendo facer ademais Mención Especial dalgunha outra se o consideran oportuno. O resultado farase público ao día seguinte de ter lugar o fallo.

 

QUINTA:

O premio consistirá nun bono para mercar libros:

  • por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos
  • por valor de 60€, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive
  • por valor de 40€, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.

 

SEXTA:

O acto de entrega de premios tera lugar o venres 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, ás 20.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

 

SÉTIMA:

As poesías que resulten premiadas quedarán no poder do Concello de Mugardos e pasarán a formar parte do patrimonio cultural deste, podendo cederlle ao premiado/a o uso e reprodución.

 

OITAVA:

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.

 

Mugardos, novembro de 2013.