Domingo, 22 Setembro de 2019

“A viaxe de Ana”: Venres 13, Teatro Fórum no Local da SAPG de O Seixo

/ Martes, 10/12/2013 - 10:05
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

O vindeiro venres, 13 de decembro: TEATRO FÓRUM no Local Sociedade Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo, ás 20:30 h. Actividade organizada  polo Concello de Mugardos.

8.1. Previr a violencia contra as mulleres, poñendo en marcha acción de sensibilizacióncontra a violencia de xénero dirixidas á cidadanía en xeral. (…)

(IV Plan de igualdade do Concello de Mugardos, 2013-2017)

 

Ana é unha muller que decide emigrar na busca  dunha vida mellor. Na súa maleta garda recordos e ilusión por un futuro. Unha ilusión que pronto será atropelada por unha sociedade hostil, atrozmente individualista e que, na persoa extranxeira, busca proveito propio.

Trátase dunha obra de teatro fórum creada polo Grupo de Teatro da Oprimida Corunha no marco do proxecto de empoderamento e sensibilización sobre xénero e migracións “Trocando Peles II”, promovido por ACSUR  Galiza ( http://www.acsur.org/-ACSUR-Galiza- )

O seu traballo se enfoca dende unha perspectiva feminista  e transformadora das desigualdades.