Domingo, 22 Setembro de 2019

Ábrese o prazo de preinscrición para os Cursos gratuítos do Celga 1,2 e 4

/ Mércores, 11/12/2013 - 10:06
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

Do 12 de decembro de 2013 ao 24 de xaneiro de 2014 poderán  preinscribirse todas as persoas interesadas en obter os Certificados de Lingua Galega dos niveis 1,2 e 4.

Trátase dunha serie de cursos gratuítos dirixidos aos habitantes dos Concellos de Fene, Narón e Mugardos.

Aquelas persoas interesadas poderán preinscribirse en días laborables e horario de mañá no Departamento de Cultura-OMIX do noso Concello, onde deberán entregar unha fotocopia do DNI ou pasaporte e cubrir unha ficha que se lles entregará alí mesmo.

As prazas están limitadas a 30 e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Está previsto que os cursos teñan lugar durante os meses de marzo a maio polas tardes.realización  dos  mesmos está  condicionada  á  concesión  da  organización  e homologación pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O Celga 1 impartirase no Concello de Fene, o Celga 2 no Concello de Narón e o Celga 4 no Concello de Mugardos.

 

As persoas interesadas poden descargar a información en PDF no arquivo adxunto a esta nova

Arquivo engadido: