Domingo, 22 Setembro de 2019

Instalación de vestiarios provisionais no Campo Municipal de Herba Artificial

/ Venres, 13/12/2013 - 09:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Tras unha inversión aproximada de 20.000€ e gracias á colaboración do Club Galicia de Mugardos que autorizou a colocación dos mesmos en terreos da súa propiedade o Campo Municipal contará cuns vestiarios provisionais.

Os traballos estarán rematados ao longo desta semana e os mesmos poderán estar a pleno rendimentopartires do día 20 de decembro.

Coa finalización desta obra se cumple un compromiso adquirido polo goberno municipal en canto á dotación de elementos necesarios para un maior  aproveitamento dun equipamento tan valioso como é o Campo Municipal de Herba Artificial.

Dende o Concello esperamos que esta inversión sirva para mellorar a calidade das prestacións que se prestan no Campo Municipal e fomentar a practica do fútbol entre, fundamentalmente, a mocidade de Mugardos.