Luns, 16 Decembro de 2019

10 grupos musicais utilizarán o local de ensaio municipal.

/ Luns, 27/01/2014 - 09:56
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Tras a reunión mantida no día de hoxe, 10 grupos musicais utilizarán o local de ensaio municipal, sito no Novás.

A denominación dos grupos, maioritariamente do Concello de Mugardos  é a seguinte:

  • Rubén (solista),
  • Barrok,
  • Wisdom,
  • Cadaleito,
  • Bis y los oportunistas,
  • The Innocents,
  • Lume no faiado,
  • The Fat Mad Monkey Band,
  • Las naranjas mecánicas
  • e Inerta.

A ocupación do local pola tarde é plena os martes, mércores, xoves, venres, sábados e domingos, así como os sábados e domingos pola mañá.

As horas dispoñibles tras a aprobación provisional de horarios de ensaio para os grupos quedaría, prioritariamente  nas seguintes franxas horarias:

  • De luns a venres, polas mañás
  • luns pola tarde de 17:00h. a 20:00h.

O Concello quere comunicar que o prazo de solicitudes de horas para ensaios permanecerá aberto ata a súa ocupación dentro das horas libres dispoñibles.

Para ter máis información deberán dirixirse á Oficina de Información Xuvenil, sita no baixo do Concello en horario de 9:00 a 14:00h, por correo electrónico ou chamada telefónica.

O local de ensaio comezou a súa andaina no ano 2009 cun material municipal  para poder complementar o material propio dos grupos. Dado o deterioro que sufríu polo uso dende a súa inauguración, o Concello procederá nestes días  ó amaño e nova adquisición de material para que os grupos poidan ter maiores facilidades nos seus ensaios.

Dentro do mateial a amañar ou adquirir podemos destacar:

  • amplificadores de baixo,
  • amplificador da guitarra,
  • parches para a bateria, etc.

Con esta nova inversión en material o Concello espera que o rendemento do local para os grupos de ensaio poida ser maior e polo tanto máis satisfactorio o uso do local, superando así as dificultades arrastradas durante estes meses.