Na Comisión Informativa de Facenda aprobáronse cos votos a favor de BNG, EU e PSdeG-PSOE senllos convenios de colaboración co Club do Mar e co Galicia de Mugardos.
Estes convenios de colaboración deberán ser referendados, previo á súa sinatura, na sesión do Concello Pleno que terá lugar o venres, 31 de xaneiro.
O Convenio de colaboración entre o Concello e o Club do Mar contempla que o Concello abonará 13.000 € no ano 2014 para promover a actividade deportiva de adestramento e participación en eventos deportivos, así como pola organización dos seguintes eventos:
O Convenio de colaboración entre o Concello e o Galicia de Mugardos contempla que o Concello abonará 15.000 € no ano 2014 para promover a actividade deportiva de adestramento e participación en eventos deportivos, así como pola organización dos seguintes eventos:
Dende o goberno municipal queremos destacar a vontade negociadora das dúas entidades deportivas con forte implantación municipal para que os convenios poidan ser aprobados a principios de ano, así como o esforzo, nestes tempos tan complicados, para manter as actividades habituais das dúas entidades e facer un gran sacrificio por manter a organización dos eventos que viñan realizando e organizar probas novas dentro do termo municipal, como o I Open Galego XC de BTT e o Torneo de Fútbol Feminino.
O goberno municipal cumpre así un compromiso máis dos que tiña asinado no seu acordo de goberno, que era asinar convenios de colaboración coas entidades máis representativas do deporte e a cultura en Mugardos.