Domingo, 22 Setembro de 2019

2.178 € para o mantemento do Campo Municipal de Herba Artificial

/ Martes, 11/02/2014 - 12:14
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

O Concello de Mugardos vén de contratar o servizo de mantemento do Campo Municipal de Herba Artificial por valor de 2.178 € ao ano.

Realizaranse 6 actuacións ó ano que comprenderán as labores de:

  • limpeza da superficie,
  • a verificación e repaso das xuntas de unión de toda a superficie,
  • a descompactación,
  • o levantamento da fibra do céspede para determinar a cantidade de caucho que se debe incorporar,
  • o recebado e lastrado,
  • o cepillado final da superficie,
  • o baleirado e limpeza das arquetas perimetrais de desaugadoiros,
  • e o tratamento con herbicidas e funguicidas, para eliminar herbas e fungos.

Todas as tarefas se executarán co persoal adecuado e cualificado, dependendo de cada actuación; así como coa maquinaria adecuada.

Este contrato de mantemento supón unha mellora para @s deportistas que o usan xa que as tarefas a executar inciden na diminución de posibles lesións, así como en evitar unha deficiente evacuación da auga co consecuente encharcamento do campo.

Con esta actuación o goberno municipal sigue a investir na mellora e conservación das instalacións e equipamentos deportivos municipais demostrando o seu compromiso co impulso ó deporte de base no noso Concello.