Sábado, 19 Outubro de 2019

Campaña de verán 2014 da Xunta de Galicia

/ Venres, 28/03/2014 - 12:33
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.
 
A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple.
 
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • O material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
 

Participantes

Poden solicitar a súa participación nas actividades @s moz@s galeg@s residentes en Galicia, nacid@s no ano sinalado para cada actividade.
 
Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, hai que destacar:
  1. Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
  2. Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
 
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.
 
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014.