Sábado, 19 Outubro de 2019

O Concello de Mugardos asina un convenio de colaboración coa deportista Belén Toimil

/ Luns, 14/04/2014 - 09:43
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

O sábado 12 de Abril, ás 12 da mediodía, a lanzadora mugardesa, María Belén Toimil Fernández, asinou un convenio de colaboración co Concello de Mugardos

Nun acto público no salón de Plenos do Concello de Mugardos a lanzadora mugardesa María Belén Toimil Fernández asinou un convenio de colaboración co Concello de Mugardos
 
O acto presidido polo alcalde Xosé Fernández Barcia tivo lugar o sábado día 12 de abril ás 12 do medio dia. Membros da corporación, deportistas da vila mugardesa, familiares e amigos de Belén asistiron ao acto.
 
O convenio de colaboración achega á deportista 3000 euros para a presente temporada na que Belén Toimil se compromete a lucir o nome de Mugardos na camiseta de competición do seu club Playas de Castellón. Ademais a deportista participará en actividades de promoción do atletismo entre os nenos e nenas de Mugardos.