Venres, 15 Novembro de 2019

III Crono de BTT Club do Mar-Pulpeiros BTT

/ Luns, 21/04/2014 - 11:32
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

O vindeiro 26 de abril ás 16:00 terá lugar no peirao de Mugardos a III Crono de BTT Club do Mar-Pulpeiros BTT.

O Alcalde Xosé Fernádez Barcia, a concelleira de deportes Pilar Díaz Otero xunto co Presidente do Club do Mar Guillermo Pereira Coto e o responsable da sección de ciclismo Ramón Romero veñen de presentar a III Crono de BTT Club do Mar–Pulpeiros BTT.
 
vindeiro 26 de abril ás 16:00 no peirao de Mugardos terá lugar a III edición da proba cronometrada de bicicleta de montaña.
 
O número de prazas está limitada a 150 participantes. As inscricións poden facerse na web www.clubdomarmugardos.com.
 
As cotas de inscrición son de 9 euros para os deportistas federados e 21 para os non federadas.
 
270
 
 
Os prazos para inscribirse están abertos ata o 23 de abril para non federados e ata o 24 de Abril para federados.
 
Ao remate da proba haberá unha cea para todas as persoas participantes e acompañantes no propio Club do Mar a un prezo de 10 €.
 
 
Na proba colaboran o Concello de Mugardos, a Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Arquivo engadido: