Venres, 15 Novembro de 2019

Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Concellos de Ares e Mugardos: Gran final

/ Xoves, 24/04/2014 - 12:43
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

O vindeiro sábado 26 de abrilno Pavillón Deportivo Municipal de Ares, a partir das 17.30 horas, celebrarase a final do Torneo Intermunicipal de F. Sala dos Concellos de Ares e Mugardos.

As Concellarías de Deportes dos Concellos de Ares e de Mugardos, informan de que este sábado día 26 de abril, no Pavillón Deportivo Municipal de Ares, celebraranse o terceiro e cuarto posto, e a final, do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala que leva desputándose nos dous concellos, dende o pasado mes de novembro, coa participación de 16 equipos
 
Por este motivoás 17,30 horas terá lugar o 3º e 4º posto, que enfrontará aos equipos de Ártabro de Cervás e Yambú de Ares, e xa ás 18,30 horas terá lugar a gran final entre os equipos de Bar Rally do Seixo e La Isla de Mugardos
 
Unha vez rematen os citados encontros, terá lugar no establecemento La Taberna del Puerto, a entrega de trofeos aos catro primeiros clasificados, así como:
  • o trofeo ao equipo menos goleado que recaeu no equipo de La Isla de Mugardos,
  • ao máximo goleador que foi o xogador Javi González do equipo da Parafarmacia de Ares.

Dita entrega estará presidida por autoridades dos dous Concellos, e tras o acto terá lugar un ágape no establecemento hostaleiro de Ares.

 
Dende os Concellos de Ares e de Mugardos, faise un chamamento á asistencia as citadas finais.