Mércores, 23 Outubro de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS ORGANIZARÁ VARIOS CURSOS DURANTE O MES DE SETEMBRO

/ Venres, 04/09/2015 - 11:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A  AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARA DOUS CURSOS DURANTE O MES DE SETEMBRO

 

A Aula da rede de Centros para a Modernización e Inclusión tecnolóxica da xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará nos próximos días 4 cursos.

CURSO "ALFABETIZACIÓN DIXITAL: INICIACIÓN Á INFORMÁTICA", o cal ten como finalidade  que o alumnado, ao remate do mesmo, sexa capaz de manexar, de xeito básico, o ordenador ( encendido e apagado, creación de cartafois e documentos, impresión, etc).

Impartiranse dous cursos:

- Do 16 ao 24 de setembro. Mércores e xoves de 11.00 a 12.30 horas

- Do 15 ao 23 de setembro. Martes e mércores de 18.15 a 20.00 horas

CURSO "ALFABETIZACIÓN DIXITAL: INICIACIÓN A INTERNET",  co que se pretende que o alumnado sexa capaz de utilizar os diferentes navegadores e buscar información na rede de forma eficiente e óptima.

Impartiránse dous cursos:

- Do 30 de setembro ao 8 de outubro. Mércores e xoves de 11.00 a 12.30 horas

- Do 29 de setembro ao 7 de outubro: Martes e mércores de 18.15 a 20.00 horas

As inscricións serán na propia Aula CeMIT de Mugardos, sita na Avda Bello Piñeiro, 5 (O Seixo), a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ , chamar ao teléfono 671 693 008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es