Xoves, 17 Outubro de 2019

A Aula CeMIT do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos de Alfabetización Dixital no mes de xaneiro

/ Venres, 15/01/2016 - 11:39
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A AULA CeMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE  XANEIRO

A Aula da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos de "Alfabetización dixital: Iniciación á Informática" no mes de xaneiro.

Do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro, en horario de mañá de 11.00 h a 12.30 h (mércores e xoves) e do 26 de xaneiro ao 9 de febreiro, en horario de tarde de 18.30 h a 20.00 h (martes e mércores)

Con este curso preténdese que o alumno sexa capaz de manexar, de xeito básico, o ordenador (apagado, encendido, creación de cartafois e documentos, impresión, etc)

Estes cursos son o principio dun camiño de alfabetización dixital, o cal durará 3 meses. A continuación dos cursos programados para este mes realizaranse os cursos de Iniciación a Internet, Correo electrónico, Mecanografia e Procesador de textos: Writer. O desenvolvemento desta fase de formación realizarase no primeiro cuadrimestre do ano.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sito no edificio da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, Avda de Bello Piñeiro, 5, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671 693 008 (martes, mércores e xoves de 11.00 h a 13.00 h e de 16.30 h a 20.00 h), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es