Sábado, 20 Xullo de 2019

PERMISO DE CONDUCIÓN B

/ Xoves, 14/04/2016 - 12:37
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

PROCESO DE INSCRICIÓN PARA PERSOAS PARTICIPANTES NAS ACCIÓNS DIRIXIDAS A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN B, FORMACIÓN A DESENVOLVER EN FERROL

 

Esta acción incorpora a preparación para a obtención do permiso de condución B que habilita para a condución de vehículos cunha masa máxima autorizada de 3500 Kg.

 

Requisitos mínimos para participar:

- Estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de galicia.

- Ser maior de 18 anos

- Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel básico de lecto- escritura e compresión lectora

- Condicións psicofísicas: reunir as aptitudes psicofísicas requiridas en relación coa clase de permiso a obter e que permitan a superación do test psicotécnico.

 

Terán prioridade as persoas que teñan participado ou estean a participar nas accións específicas impartidas no marco do Proxecto RedeXiana2, podendo, no caso de existir vacantes, facilitar a participación de persoas das fases iniciais de capacitación, preformación, transversal e complementaria, ou en último lugar, persoas non beneficiarias do proxecto pero ás que a obtención deste permiso facilítelles o acceso aos recursos e ao mercado laboral.

 

Solicitudes ata o 19 de abril

 

Información: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local