Xoves, 18 Xullo de 2019

PERMISO C E CAP DE MARCADORÍAS

/ Martes, 10/05/2016 - 14:51
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

PROCESO DE INSCRICIÓN PARA PERSOAS PARTICIPANTES NAS ACCIÓNSDIRIXIDAS AOBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN C e CAP, FORMACIÓN A DESENVOLVER EN FERROL.

Requisitos mínimos para participar:

 

1.       Estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

2.       Ser maior de 18 anos.

3.       Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel básico de lecto-escritura e compresión lectora

4.       Condicións psicofísicas: reunir as aptitudes psicofísicas requiridas en relación coa clase de permiso a obter e que permitan a superación do test psicotécnico.

5.       Achegar copia do permiso B

 

Terán prioridade as persoas que teñan participado ou estean a participar nas accións específicas impartidas no marco do Proxecto RedeXiana2, podendo, no caso de existir vacantes, facilitar a participación de persoas das fases iniciais de capacitación, pre-formación, transversal e complementaria, ou en último lugar, persoas non beneficiarias do proxecto pero ás que a obtención deste permiso facilítelles o acceso aos recursos e ao mercado laboral.

 

Solicitudes ata  o 17 de maio

Información: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local