Domingo, 26 Marzo de 2017

Axudas para o ensino e o transporte 2016-2017

/ Venres, 26/08/2016 - 17:47
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O prazo de presentación de solicitudes vai do 16 ao 27 de setembro ámbolos dous incluídos.


O obxecto da presente convocatoria de axudas, en concorrencia competitiva, é favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Mugardos.

No seguinte artigo aquelas persoas interesadas poden descargar o documento con todas as indicacións para solicitar esta convocatoria.

A continuación detallamos as súas principais características:

  • Beneficiarios/as

Para ser beneficiario/a destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Cursar estudos nalgún dos centros públicos ou sostidos con fondos públicos do Concello de Mugardos, ou cursar estudos de formación regrada impartida por centros públicos ou en centros de Educación Especial, de fóra do concello de Mugardos.

b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos da base quinta da presente convocatoria.

c) Estar empadroado/a no Concello de Mugardos.

d) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

e) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte o alumnado que curse estudos de formación regrada impartida por centros públicos de fora do Concello de Mugardos e que non estean ubicados nos Concellos integrantes na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol.

  • Lugar e prazo de presentación

a) A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Mugardos, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou en sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou a través das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) O prazo de solicitude, será de 10 días habiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto da BDNS.