Martes, 12 Decembro de 2017

Convocatoria das axudas ás familias para a compra de regalos de Nadal 2016

/ Venres, 02/09/2016 - 13:30
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O obxecto da presente convocatoria é regular a concesión de subvencións, en concorrencia competitiva, de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos e que cumpran os requisitos de acceso ás axudas establecidas nesta convocatoria.

Estas axudas irán destinadas ás familiar para a adquisición dos agasallos de Nadal para os seus fillos e fillas  que estando en convivencia coas persoas solicitantes non teñan cumpridos o 6 de xaneiro de 2017.

A continuación resumimos brevemente o contido desta convocatoria. Ao final deste resume pódese descargar a convocatoria completa.

Presentación de solicitudes

  • As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mugardos, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 a 13:00 horas.
  • O prazo de solicitude será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte día da publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conducto BDNS.

Requisitos

Para beneficiarse destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroado/a no Concello de Mugardos e ter á súa custodia fillos ou fillas menores de 13 anos (non ter cumpridos 13 anos o día 06/01/2017, para os/as que se solicitará a axuda.
  2. Que a renda per cápita familiar non supere o 80% do IPREM.
  3. Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

Conceptos subvencionables

  • Gastos derivados da adquisición de agasallos para o Nadal 2016: xoguetes, xogos educativos, libros, material educativo para a práctica dalgunha das actividades deportivas e culturais...

Documentación

  1. Anexo I da convocatoria.
  2. Fotocopia do DNI do solicitante.
  3. Fotocopia do libro de familia.
  4. Fotocopia da declaración da renda correspondente ao exercicio 2015 dos proxenitores ou titores/as legais.
  5. Declaración responsabel de atoparse ao corrente das obrigas tributarias fronte á Seguridade Social, Axencia Tributaria e Concello de Mugardos e de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas e de estar ao corrente nas obrigas por reintegro de subvencións, e a autorización ao Concello de Mugardos para que realice as comprobación oportunas (Anexo II).
Arquivo engadido: