Venres, 15 Novembro de 2019

Cursos de alfabetización dixital na Aula da Rede CeMIT de Mugardos

/ Luns, 05/09/2016 - 13:34
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Aula da Rede CeMIT de Mugardos celebrará cursos de Iniciación á Informática a partir do mes de setembro.

O curso de "Alfabetización dixital: Iniciación á Informática" desenvolverase en dúas quendas:

  • Horario de mañá: Entre o 14 e o 29 de setembro, os mércores e xoves de 11:00 a 12:30 horas.
  • Horario de tarde: Entre o 13 e o 28 de setembro, os martes e mércores de 18:30 a 20:00 horas.

Os obxectivos deste curso son que as alumnas e alumnos aprendan a manexar, a nivel básico, o ordenador (apagado, encendido, creación de cartafois e documentos, impresión...).

Inscricións

As persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información sobre esta e futuras actividades poden dirixirse a:

  1. Aula CeMIT de Mugardos: Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega. Avenida Bello Piñeiro, nº 5.
  2. Web da Rede CeMIT: https://cemit.xunta.es
  3. Teléfono: 627 586 101. Os martes, mércores e xoves, de 11:00 a 13:00 horas e de 16:30 h a 20:00 horas.
  4. Correo electrónico: cemit.mugardos@xunta.es