Sábado, 29 Abril de 2017

Matricúlate na ESA. Aproveita as oportunidades

/ Xoves, 08/09/2016 - 19:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O IES de Mugardos informa que está aberto ata o 15 de setembro o prazo de matrícula na Educación Secundaria de Adultos (ESA).

Todas as persoas que desexen solicitaran praza poden pasar pola secretaría do centro, de 10:00 a 14:20 horas, para presentar o impreso (anexo I) e documentación.
 
  • O único requisito de idade é ter cumpridos 18 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro.

A modalidade do IES de Mugardos é presencial.

As actividades lectivas desenvólvense durante as tardes de luns a xoves, de 16:00 a 20:00 horas, cun pequeno recreo.
 
As materias distribúense en ámbitos de coñecemento do seguinte xeito:
  1. Ámbito de comunicación (galego e castelán)
  2. Lingua estranxeira (inglés)
  3. Ámbito social (xeografía e historia)
  4. Ámbito científico-matemático.
As clases adáptanse ás características do alumnado. Segundo os estudos cursados anteriormente existen dous niveis.
  1. O primeiro ESA I-II equivale a que deixara os estudos en 1º e 2º de ESO ou antes de rematar a antiga EXB.
  2. O segundo, ESA III-IV equivalente a 3º e 4º de ESO.
Ao remate do módulo IV obtense o título de graduado ESO.
 
  • Máis información no teléfono 881 93 82 00 en horario de mañá.

611