Mércores, 18 Setembro de 2019

Curso de Mediadores/as Sociais

/ Luns, 19/09/2016 - 14:36
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Saúde comunitaria, consumo de sustancias e outras adicións, primeiros auxilios, características e habilidades das persoas mediadoras.

O curso de Mediadores/as sociais está organizado polos concellos de Mugardos, Fene e Neda; e subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Esta formación vai dirixida a directivos/as das entidades deportivas, culturais, ANPAS, monitorado...

As persoas interesadas poden escoller entre 3 días da semana e 3 concellos diferentes para recibir esta formación: 

MUGARDOS

  1. Día da semana: Martes. Outubro: 4,11,18 e 25. Novembro: 8,15 e 22.
  2. Horario: 18 - 20:00 horas.
  3. Lugar: Casa da Cultura de Mugardos.

FENE

  • Día da semana: Mércores. Outubro: 5,19 e 26. Novembro: 2,9,16 e 23.
  • Horario: 18 - 20:00 horas.
  • Lugar: Casa da Cultura de Fene.

NEDA

  1. Día da semana: Xoves. Outubro: 6,13, 20 e 27. Novembro: 3, 10 e 17.
  2. Horario: 18 - 20:00 horas.
  3. Lugar: Casa das Palmeiras.

633

Descarga o Boletín de inscrición: