Domingo, 25 Agosto de 2019

O Pleno do Concello de Mugardos aprobou onte modificar o Imposto de Bens Inmobles

/ Luns, 31/10/2016 - 14:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A veciñanza de Mugardos verá diminuído o recibo da contribución no ano 2017.

  • O coeficiente dos inmobles urbanos pasa de 0,6 a 0,57.
  • Diferéncianse os usos dos inmobles urbáns, creando o uso industrial que pasa de 0,6 a 0,85.
  • Axústanse os prazos para o pago fraccionado.
  • Incorpórase a bonificación do 50% para os inmobles con aproveitamento térmico ou eléctrico provinte da enerxía solar.

Esta medida implica que a veciñanza de Mugardos se vexa beneficiada pola diminución do recibo da contribución no ano 2017, sen ter que renunciar ao procedemento de implementación das políticas sociais, grazas á diferenciación dos usos á hora de aplicar os coeficientes.

A proposta do goberno municipal que inclúia a proposta do GM do Partido Popular, realizada na Comisión de Facenda de incorporar o 50% de bonificación para os inmobles con aproveitamento da enerxía provinte do Sol, contou co voto en contra do GM do PP e o voto favorable do PSOE.