Xoves, 22 Agosto de 2019

O Pleno do Concello de Mugardos aprobou onte modificar as taxas de auga, lixo, sumidoiro e saneamento das augas residuais

/ Luns, 31/10/2016 - 14:30
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Conxélanse os prezos que teñen que aboar os/as veciños/as pola recepción dos servizos, auméntase a capacidade económica da unidade familiar para poder beneficiarse da exención do pago correspondente á parte municipal pasando do 120% do IPREM ó 125% e se suprimen as bonificacións do 25% dado o nulo impacto que tiñan sobre a veciñanza.

O número de familias beneficiarias das bonificacións nos últimos 5 anos, sumaban en total 11.

Con este incremento na renda familiar, o Concello pon o límite por riba do SMI o que garantirá mellor a recepción dos servizos a toda a veciñanza evitando que golpee a súa maltreita economía.

A proposta do goberno municipal, contou co voto en contra do GM do PP e do PSOE.