Sábado, 21 Outubro de 2017

Alerta Laranxa por costeiros para o venres 10

/ Xoves, 09/02/2017 - 17:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por un episodio de fenómenos metereolóxicos adversos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS de nivel LARANXA que afectará durante o venres, día 10 de febreiro de 2017 ás franxas costeiras das provincias de A Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra, por mar combinada do oeste de 5 a 6 metros.

O comezo da alerta está previsto sobre as primeiras horas do venres, agardando que se prolongue durante todo o día ata esa mesma noite.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada:

Ante calquera emerxencia chamen ao 112.