Xoves, 23 Maio de 2019

Cursos de SOCORRISMO ACUÁTICO 2017

/ Luns, 13/02/2017 - 12:51
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

PEL SOCORRISMO ACUÁTICO

No  marco do PEL (Plan de Emprego Local) da Deputación da Coruña convocanse dúas accións formativas en:

  • AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 420 horas (340 formación teórica e 80 de formación práctica).
  • AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 370 horas (290 de formación teórica e 80 de formación práctica).

Só se admitirán 5 inscricións por concello de persoas empadroadas no mesmo.

A formación terá lugar nas instalacións da FEDERACIÓN DE SALVAMENTO E SOCORRISMO DE GALICIA (FESSGA) en A CORUÑA, rúa Gambrinus, nº 151, nave 3.

O PRAZO DE INSCRICIÓN estará aberto ata ás 13.00 horas do venres 17 de febreiro de 2017.

As inscricións faranse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Mugardos.

  1. Tlfno: 698 188 608

Toda a información sobre os requisitos das persoas candidatas e do procedemento de selección achégase no documento anexo.

Arquivo engadido: