Domingo, 26 Marzo de 2017

Minuto de silencio polos recentes asasinatos por violencia machista

/ Mércores, 22/02/2017 - 09:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Actos como estes merecen o noso máis contundente rexeitamento e condena.

Convócase a toda a cidadanía a concentrarse hoxe, 22 de febreiro, ás 12:00 horas, ante a Casa Consistorial, para gardar un minuto de silencio como mostra de consternación e repulsa polos graves feitos acontecidos como consecuencia da violencia machista así como de apoio á súa familia e achegados.