Martes, 12 Decembro de 2017

Actos do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres

/ Venres, 24/02/2017 - 09:07
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos organiza diversos actos polo 8 de marzo, Día Internacional  das Mulleres.

O vindeiro 9 de marzo haberá dous actos para conmemorar esta data:

  1. "Contos vellos, novos finais": De 17:00 a 18:00 horas na OMIX (baixos do Concello). Contos clásicos en versión non sexista dirixidos a nenas e nenos entre 4 e 8 anos.
  2. Presentación do libro "Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu": A cargo da autora, Montse Fajardo Pérez, experta investigadora da represión franquista directa e indirecta ás mulleres. A presentación desenvolverase ás 19:30 horas no Salón de Plenos.

O día 18 de marzo, os actos rematarán coa obra "O furancho" con María Bañobre e Isabel Risco. A obra representarase na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega no Seixo a partir das 20:00 horas.

 

765