Mércores, 28 Xuño de 2017

Nova ruta "Coñece Mugardos!": Ruta polas Terras de Simou

/ Martes, 07/03/2017 - 17:33
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Esta ruta desenvolverase o 12 de marzo. Sempre estará suxeita a posibles cambios no percorrido por motivos climatolóxicos que poidan facer difícil pasar por algúns dos camiños e corredoiras.

Información sobre a Ruta

Saída do concello de Mugardos, a ruta baixará pola Avenida de Galicia para coller pola rúa do Peteiro, ligar coa Travesía da Apelón e subir cara o camiño do Merlo.

Aquí os participantes teñen que cruzar a Rúa do Cristo e coller polo carreiro que leva ás Lagoas. Dende aquí, irán polo Río Seco para coller o camiño que leva ao Río e Fonte de Santo Antonio.

Logo súbese o Souto para seguir polo Camiño Ancho e despois baixar cara o Bugallón collendo o camiño que leva á parte baixa de Mariocos ata chegar onde Os Galgos.

Unha vez aqui síguese cara o Campo do Portal, e o camiño da Rega da Fraga, chegando á Porta de Seixas, en Lubre, para logo ir cara a Telleira. Alí atópase o camiño de Besoxo, onde ao rematar chégases á Seaña.

Dende A Seaña hai que baixar por Fieiteiras para a travesía do Loyola, Cruz de Mehá , Xesteira e finalizar novamente no edificio do Concello.

Se estás interesada/o en participar podes consultar a información nesta ligazón e descargar os modelos de solicitude de praza.