Domingo, 26 Marzo de 2017

Anuncio da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo a contratación laboral temporal a tempo parcial

/ Xoves, 09/03/2017 - 08:39
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A contratación de un oficial de 1ª, encargado de servizos municipais, resolverase mediante concurso - oposición libre. O anuncio inclúe a designación do Tribunal cualificador.

Mediante a resolución da alcaldía nº 305/2017 do 8 de marzo de 2017 apróbase e publícase no taboleiro de edictos e nesta web a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso.

Desígnase tamén o Tribunal Cualificador que xulgará o proceso selectivo.

As persoas aspirantes disporán dun prazo de 10 días para enmenda dos defectos do proceso e para a abstención e recusación dos membros do Tribunal.

Descarga e consulta o anuncio completo: