Luns, 23 Outubro de 2017

Aprobación do padrón fiscal relativo ao imposto de vehículos de tracción mecánica correspondente ao exercicio 2017 e exposición pública

/ Luns, 13/03/2017 - 20:20
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Queda aprobado o PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA correspondente ao período impositivo 2017, no que se incorporan 3.831 recibos que suman un total de 264.996,00 €.

Exponse ao público dito padrón durante o prazo de 15 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, e no taboleiro de edictos do Concello. A publicación terá o carácter de notificación colectiva ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Durante o prazo de exposición pública, o devantivo padrón estará a disposición dos interesados, que poderán examinar os datos que lles afecten. Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas a este, os contribuíntes e, en xeral, os interesados, poderán interpor recursos.

Descarga o seguinte documento e consulta a información completa:

Arquivo engadido: