Luns, 23 Outubro de 2017

Charla sobre as axudas do programa Leader Galicia 2014 - 2020 GDR Seitura 22

/ Martes, 14/03/2017 - 09:17
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

CHARLA SOBRE AS AXUDAS DO PPROGRAMA LEADER GALICIA 2014 -2020 GDR SEITURA 22

 

O próximo xoves 16 de marzo ás 19.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Mugardos, está prevista a celebración dunha reunión informativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22 para  dar a coñecer as axudas no marco do Programa LEADER 2014-2020.

A Asociación Seitura 22 está a xestionar o Eixo Leader no territorio abarcado polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e os concellos de Miño e Vilarmaior durante o actual período de programación comunitaria 2014 – 2020.

Nesta reunión explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL (tlfno 698 188 608)

Arquivo engadido: