Sábado, 29 Abril de 2017

O Concello de Mugardos inicia as xestións para dotar de Comedor Escolar Municipal ó CEIP Santiago Apostol de Franza

/ Sat, 18/03/2017 - 10:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Unha vez analizados os datos correspondentes ó curso actual, constátase por parte do goberno municipal un incremento no número de demandantes do Comedor Escolar Municipal do CEIP Unión Mugardesa, sobrepasándose as 54 prazas dispoñibles.
 
Ata o día de hoxe, o Comedor Escolar Municipal ven sendo referencia para o alumnado do CEIP Santiago Apóstol e para o de secundaria do IES.
 
Do CEIP Santiago Apóstol desprázanse 10 alumnos/as de mes completo para xantar, non puidendo ser beneficiarios do servizo en días soltos nin do programa madrugamos implantado neste curso, por mor dos problemas co transporte escolar.
 
Ante esta realidade o goberno municipal mantivo varias reunións co Xefe Territorial da Conselleria de Educación para abordar esta cuestión, e coa Directora do CEIP Santiago Apostol.
 
Ambos mostraron o seu interese e a súa opinión favorable a que o Concello poida implantar para o curso 2017/2018 o servizo de comedor e madrugamos no Centro.
 
Agora, o goberno municipal, tras este respaldo céntrase en redactar o proxecto técnico que sirva de base para a busca da necesaria financiación e na tramitación dos permisos para o inicio da actividade, que se desenvolvería nun aula do propio centro.