Sábado, 29 Abril de 2017

O Concello e a S.D.C. Galicia de Mugardos asinan o convenio para o 2017

/ Luns, 20/03/2017 - 10:30
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Por valor de 20.000 € acaban de asinar o convenio de colaboración o Concello de Mugardos e a S.C.D. Galicia de Mugardos para o mantemento da actividade deportiva de carácter competitiva e para a organización de eventos, tales como:

  • Torneo de Fútbol 8 de categorías inferiores.
  • Trofeo de Fútbol 8 Feminino.
  • Trofeo Concello de Mugardos.

O goberno quere agradecer, unha vez mais, ó Galicia de Mugardos a inxente labor que realiza durante todos os días do ano para manter unha actividade permanente que contribúe a través do deporte ó desenvolvemento da nosa mocidade, fundamentalmente.

781