Xoves, 27 Abril de 2017

Programa "Benestar en balnearios 2017" da Xunta de Galicia

/ Luns, 20/03/2017 - 11:07
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O prazo de solicitude estará aberto ata o 12 de abril de 2017.

Consulta a información completa na Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 53 do 16 de marzo de 2017).

As persoas beneficiarias deste programa son:

  • Maiores de 60 anos ou de 55 sempre que teña a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación, invalides, viuvez ou outras pensións.
  • Residentes en Galicia.
  • Teñen que valerse por si mesmas.
  • Non padecer alteracións do comportamento, nin padecer enfermidades contaxiosas.
  • Carecer de contraindicacións médica.

783

A presentación de solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica.

  1. Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mugardos

Descarga o modelo de solicitude e o programa

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=BS&codProc=607A&procedemento=BS607A