Martes, 27 Xuño de 2017

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

/ Mércores, 22/03/2017 - 15:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, nos boletíns 29/71gal e 100/71gal emitidos o día 21 ás 23:11 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por nevaradas para os días 22 e 23, e que afectará a toda a comunidade galega.

O fenómeno comezará as 00:00 horas do día de hoxe, afectando ás zonas de montaña de Lugo e montaña de Ourense, con acumulacións que poderán acadar máis de 15 cms en cotas elevadas, e ata 5 cms a partir dos 400 metros  (NIVEL AMARELO).

A partir das 12:00 horas, agárdanse nevaradas con acumulacións de ata 2 cms en cotas superiores aos 300 metros en A Coruña (Noroeste, Leste  e Surleste), a Mariña de Lugo, Ourense Miño e Pontevedra Rías Baixas e Miño, sendo este fenómeno de NIVEL AMARELO.

Mantense NIVEL LARANXA no sur de Ourense a partir das 08:00 horas; na Coruña Interior, Lugo Centro, Noroeste de Ourense e Pontevedra Interior a partir das 12:00 horas; e Sur de Lugo a partir das 18:00 horas. Nestas zonas  espérase unha acumulación de máis de 5 cms en cotas superiores aos 500 metros, e ata 4 cms en cotas superiores aos 300 metros.

  1. Ante calquera emerxencia chame ó 112.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada:

Arquivo engadido: