Xoves, 27 Abril de 2017

Atención gratuíta en incidencias na TDT polo novo servizo 4G. Prazo: ata o 7 de abril

/ Venres, 31/03/2017 - 08:35
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Este servizo pode provocar incidencias que serán atendidas de balde ata o día 7 de abril.

Co comezo do servizo 4G de telefonía móbil de cuarta xeración na banda de 800 MHz poden producirse interferencias na recepción do sinal da televisión dixital terrestre (TDT). 

As veciñas e veciños usuarios de TDT,  que así o precisen poden solicitar ata o día 7 de abril a actuación gratuíta do servizo técnico diante destas dificultades na recepción do sinal por mor dos nodos 4G.

Para máis información e resolución de dúbidas, a veciñanza pode chamar ao teléfono de LLEGA800 ata o día 7 de abril.

  1. Teléfono: 900 833 999.