Martes, 12 Decembro de 2017

Licitación obra “Saneamento de augas residuais no Penso e mellora de servizos de abastecemento e saneamento en Esteiro”, incluídas no POS 2016 da Deputación Provincial da Coruña

/ Venres, 31/03/2017 - 07:52
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Este contrato está incluído no “Plan de Obras e Servizos (POS) 2016” financiado pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña.

Esta licitación trátase dun procedemento aberto cun único criterio de valoración: o factor prezo.

As ofertas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mugardos en horas de 9 a 14 h (de luns a venres); ou nas Oficinas de Correos (ver epígrafe 9 do cadro de características-Anexo I do prego).

A data límite de presentación das ofertas son 26 dias naturais contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP ou no Perfil de Contrantante. No suposto que non coincida a data do anuncio no BOP e no Perfil, o prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

  1. Descarga a información completa, proxecto e cláusulas no Perfil do contratante - Consulta os procesos abertos.
Arquivo engadido: