Mércores, 28 Xuño de 2017

Concurso escolar de captura de raíñas invasoras

/ Martes, 18/04/2017 - 12:58
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos e a AGA, continuando co traballo de concienciación á cidadanía dos problemas da praga da vespa velutina, organiza  un concurso de captura de raíñas fundadoras nos centro escolares.

A velutina é unha especie invasora moi perigosa para o noso medio ambiente. Agora na primaveira milleiros de raíñas saen do seu letargo invernal sendo o mellor momento para limitar a súa extensión e controlar a especie.

As raíñas capturadas nas trampas colocadas polos centros escolares, unha vez mortas serán conservadas ou ben metidas en bolsas no conxelador ou nun bote plástico con alcohol.

O día vinte de maio “DÍA MUNDIAL DA  ABELLA” repartiranse tres premios por Concello aos participantes que capturen máis raíñas.

801

 

  1. ORGANIZAN: AGA, Concello de Ferrol, Concello de Neda, Concello de Narón, Concello de San Sadurniño e o Concello de Mugardos.