Martes, 27 Xuño de 2017

Convocatoria dos Campamentos de verán 2017

/ Mércores, 19/04/2017 - 08:59
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Como cada verán convócanse prazas para participar en campamentos en diferentes localidades de Galicia (e fóra) dirixidos á mocidade.

A oferta para este verán 2017 é a seguinte:

  1. Campamentos de verán, os cales poden pedirse ata o 2 de maio: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11217-campamentos-de-veran-2017)

  2. Campos de traballo, que poden solicitarse a partir deste venres 21 de Abril: (http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran).

  3. Actividades para os maiores, para aqueles que teñan entre 18 e 30 anos (http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/MAIORES_18_ANOS.pdf ). Consulta os ligazóns se queres máis información.

As persoas interesadas en organizar o seu propio campamento nalgunha instalacion da Xunta de Galicia, poden facelo coa oferta concertada. Pódese atopar toda a información sobre esta oferta nesta ligazón: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/11216-oferta-concertada-de-uso-das-instalacion-xuvenis-na-campana-de-veran-2017.

A mocidade con diversidade funcional pode elixir se quere participar no procedemento xeral ou no procedemento de campamentos específicos, en función dás limitacións que presenten. Para máis información sobre estes campamentos: http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/MAIORES_18_ANOS.pdf