Sábado, 21 Outubro de 2017

Montefaro Enduro Race 2017

/ Mércores, 19/04/2017 - 08:32
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Proba puntuable para o Open de Galicia Enduro 2017 que se celebrará os días 13 e 14 de maio.

Carreira, organizada polo Club del Mar Pulpeiros BTT conta  coa  colaboración do Concello  de Mugardos e outras entidades públicas e privadas.

Presenta un formato no que se máximizará ofrecer aos corredores novos tramos cronometrados inéditos unidos a algún dos clásicos que ofrece Montefaro, onde o obxectivo fundamental será buscar a máxima diversión e que á vez ofreza o reto técnico e físico que debe caracterizar a toda carreira de Enduro.

Horarios:

Sábado 13 de maio de 2017:

  1. 10:30 a 20:00 horas: Recollida de dorsal e chip no local do Club do Mar de Mugardos (Cantón de Cora, 16).
  2. 10:30 a 20:00 horas: Recoñecemento dos tramos.
  3. 21:00 horas: Concerto e paella (5€).

Domingo 14 de maio de 2017:

  1. 08:00 a 08:30 horas: Recollida de dorsal no local do Club del Mar.
  2. 08:30 horas: Saída do primeiro participante.
  3. 15:00 a 15:30 horas: Entrega de trofeos.
  4. 15:30 horas en adiante: Festa de fin de carreira e churrascada.

802

 

A organización irá informando puntualmente a través da súa páxina de Facebook https://www.facebook.com/MontefaroEnduroRace. Calquera novidade ou información referente á carreira, regulamento ou eventos será comunicada oficialmente por esta canle..

Arquivo engadido: