Mércores, 23 Agosto de 2017

O Goberno Municipal inicia o expediente para a contratación de 2 auxiliares de policía local por 4 meses

/ Mércores, 19/04/2017 - 08:45
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Goberno Municipal, consciente do aumento de poboación, da celebración de diferentes festas, da organización de múltiples eventos culturais e deportivos durante a tempada de verán, así como da necesidade dos actuais membros do persoal actual de gozar dos permisos que lle corresponden, inicia o expediente para a contratación de 2 policías locais por 4 meses.

A comezos do mes de abril, remitíronse á Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, as bases para a provisión, en réxime laboral temporal, de 2 policías locais (con carácter previo á súa aprobación).

A previsión do Goberno pasa porque estas 2 persoas poidan incorporarse antes do mes de xullo para así poder ofrecer un maior servizo durante os meses fortes de verán no que se refire á organización de eventos deportivos, culturais e festivos.