Domingo, 22 Outubro de 2017

Mugardos participa na campaña “Libros para sermos libres”

/ Xoves, 20/04/2017 - 17:05
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Dende o Concello de Mugardos convidámosvos a participar na campaña "Libros para sermos libres", unha iniciativa da Deputación da Coruña, coa colaboración do noso concello, que ten como obxectivo promover a lectura na poboación para conmemorar o "Día do libro".

A campaña ten como eixo central, agasallar 5000 exemplares de libros do fondo da Deputación, de xeito simultáneo, en 30 municipios da provincia.

Esperámosche este sábado 22 de Abril ás 12:00 horas na Praza do Concello para recoller o teu agasallo.