Xoves, 25 Maio de 2017

Convocatoria para a solicitude de exencións e bonificacións na taxa da EDAR do ano 2015.

/ Martes, 25/04/2017 - 10:07
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Aprobación definitiva da ordenanza fiscal núm. 29.

O Concello abre o prazo de solicitude de exención e/ou bonificacións nas taxas da prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas e rede de saneamento municipal do ano 2015. Para esta exención terase en conta o IRPF do 2014.

O prazo de solicitude estará aberto desde o 2 ao 31 de Maio de 2017, ambolos dous inclusive.

As bases e requisitos poden atoparse nesta web, no BOP núm. 250 do 31/12/2014 e no departamento de Benestar Social do Concello de Mugardos (no segundo andar e/ou no teléfono 981 47 03 38 ext.2).

Arquivo engadido: 
Arquivo engadido: