Mércores, 23 Agosto de 2017

O Goberno Municipal continúa cos traballos de rexeneración do río da Cabarqueira na Gallada, parroquia de San Xoán.

/ Xoves, 11/05/2017 - 12:27
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Os traballos iniciados hai unha semana agárdase que rematen a vindeira semana.

Esta actuación recolle o sentir da veciñanza da Gallada (na parroquia de San Xoán) e o compromiso adquirido pola Alcaldesa na reunión que mantivo hai uns meses coa AA.VV. de San Xoán de Piñeiro.